“Patriarcado e capital: a dupla opresión” na Coruña

Este luns 26 de xuño ás 19:30h estaremos falando no Local do BNG da Coruña (na Rúa Damas, 4 baixo) con Margarida Corral, Secretaria de Mulleres da CIG, nun coloquio que leva por título “Patriarcado e capital: a dupla opresión”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade galega, para podermos combater o machismo desde as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Porén, é importante ter en conta a dupla opresión que as mulleres traballadoras vivimos. Por iso te convidamos a analizar e debatir sobre estas cuestións o vindeiro luns. Agardámoste!

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.