Polas nosas seleccións! Acode ao partido de Galiza este 28 de decembro!

SGspGaliza como nación ten o dereito a contar con seleccións nacionais propias, polo que chamamos á mocidade galega a participar nos actos lúdicos e reivindicativos en defensa das nosas seleccións deste 28 de decembro en Lugo, organizados por Siareir@s Galeg@s.

Logo de que o PP eliminase os encontros deportivos das nosas seleccións, desde Galiza Nova continuamos a demandar o dereito da nosa nación a contar con seleccións deportivas propias, tanto femininas como masculinas, que a representen en todas as disciplinas, a nivel oficial e internacional. Cabe tamén destacar a existencia de ducias de disciplinas deportivas, tanto masculinas como moi especialmente femininas, que compiten ano tras ano internacionalmente, mostra do altísimo nivel desportivo internacional que Galiza posúe.

Debemos tamén pular para que as e os nosos deportistas poidan participar internacionalmente vestindo a súa equipación, a galega. Dende Galiza Nova sabemos que existe unha grande parte do noso país que non só desexa poder ver os éxitos das nosas seleccións, senón que traballa moi duro no camiño da concienciación social para lograr tal fin. É nesta liña queremos facer unha mención especial a Siareir@s Galeg@s, que leva xa 16 anos traballando a favor das nosas seleccións e coa gran iniciativa que tiveron, como é a organización dun partido de fútbol internacional para a nosa “Irmandiña” dende o ano 2009.

Chamamos pois á mocidade galega a que se sume a participar desta actividade que terá lugar o vindeiro 28 de decembro en Lugo, ao igual que doutras moitas que xurdan nas vindeiras datas da mesma índole.

Queremos seleccións galegas oficiais e internacionais!