Por saúde, por economía e por ecoloxía: Ence fóra da Ría!

ENCE_RIAComo cada ano, Galiza Nova participará na Marcha contra o complexo contaminante ENCE-ELNOSA que convoca a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, e que partirá o vindeiro sábado 1 de xuño ás 19.30 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra.
O traslado de Ence da Ría de Pontevedra, no actual contexto, é se cabe máis necesario ca nunca, xa que viría a constituír unha importante oportunidade para a xeración de emprego e riqueza na comarca a nivel pesqueiro, ambiental ou turístico, posto que actualmente ENCE-ELNOSA representa só o 0.5% do emprego na comarca. Así, seguiremos a mobilizarnos na defensa do desenvolvemento sustentábel de Galiza e o respecto polo medio natural e o medio de vida de milleiros de galegas e galegos.

Defende a Terra! ENCE fóra da Ría!

Leave a Reply

Your email address will not be published.