Por unha Galiza feminista!

insubmisasEn todo o mundo, o terrorismo machista está presente tanto física como estruturalmente. Esta violencia ponse de manifesto no número de mulleres asasinadas tódolos días. Asasinadas polo feito de ser mulleres nunha sociedade machista e patriarcal, que entende as relacións entre homes e mulleres a través da dominación, o control e a dependencia.

Mentras tanto, os gobernos do PP tanto na Xunta como no Goberno Central non activan os protocolos adecuados, non realizan campañas contundentes e non promoven a coeducación nas escolas para camiñar cara unha sociedade avanzada e igualitaria.

A insuficiente lei de violencia de xénero do Estado español é cómplice do feminicidio. Moitas das mulleres asasinadas xa emprederan denuncias por terrorismo machista, outras aínda non deran ese paso, ficando desprotexidas, porque sen denuncia o goberno español decide non actuar. Como xa ten reclamado o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento, é preciso mudar a lexislación vixente para outorgar visibilidade ao que está a acontecer deixando en evidencia que non se tratan de casos illados, de carácter privado ou meramente sentimental, senón que constitúen un feminicidio.

Mais somos conscientes de que este tipo de violencia non é máis que a cúspide do iceberg, da pirámide de violencias que día a díaa sufrimos as mulleres nesta sociedade. Sabemos que existe outro tipo de violencias que non podemos deixar de poñer o noso foco de atención nela, porque non é o corpo dun home o que nos mata, senon que é un tipo de violencia froito dunha estructura machista e esixente ata límites insospeitados. A violencia psicolóxica, a obstétrica, os cánons de beleza, os paternalismos, a manipulación emocional, a intrusión na nosa intimidade… Todas estas violencias invisibilizadas perpetúan esta situación de desigualdade.

Por todo isto, hoxe é máis necesario ca nunca seguir saindo á rúa para denunciar todas as violencias que se exercen sobre nós e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os servizos contra a violencia machista. Alén dos ataques aos nosos dereitos acadados por nós mesmas, deixándonos na indefensión a todas as mulleres.

Mais non podemos deixar de denunciar o feito de que empresas como Inditex se sumen a campañas como a de Galiza en negro contra a violencia machista. Un xesto hipócrita pola súa parte cando son ben coñecidas as súas condicións de traballo. Tamén nos talleres de costura en toda Galiza, os cales se nutren das traballadoras en condicións moi precarias. A violencia patronal e económica tamén é violencia machista.

Por iso, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova facemos unha chamamento a toda a sociedade galega para encher de raiba e indignación as rúas do país asistindo ás concentracións convocadas en repulsa da violencia machista:

Ferrolterra: 19h – Praza Inferniño – Concentración

Ourense: 19h – Parque San Lázaro – Acción de rúa

A Coruña: 20h – Obelisco – Concentración

Compostela: 20h – Praza 8 de marzo – Concentración

Vigo: 20h – Farola de Urzáiz – Manifestación