Por unha Galiza libre de touradas: Mani-Festa en Sarria!

Touros_Sarria_brancoGaliza Nova chama á mobilización contra as touradas en Sarria e a participar da xornada organizada pola Plataforma Sarria Libre de touradas, da que a nosa organización forma parte. Será o vindeiro domingo 22 de xuño baixo o lema “Mani-festa: Cultura contra a tortura!” para reivindicar un concello e unha Galiza libre de touradas e contra o gasto de cartos públicos nunha actividade cruel e que se emprega para substituír pola nosa cultura e festas populares coa finalidade de avanzar no proceso de españolización do noso pobo.

Un ano máis reclamaremos xunto á Plataforma unhas festas galegas e populares sen necesidade de espectáculos importados coma a barbarie que representan as touradas e que terá lugar no concello de Sarria polo San Xoán.

Ás 18:30 horas do domingo 22 de xuño poderase desfrutar dun espazo infantil con contacontos teatralizado e globoflexia a cargo da AC LuscoFusco, un obradoiro para todos os públicos de “Meditación en movemento” a cargo da AC Crearte e as actuacións musicais de Os gaiteiros de Goián e de Os esnaquizadores, grupos formados por mocidade de Sarria. Tamén haberá merenda e bebida a prezos populares!!