A LOMCE nace morta! 24 de outubro: fin da wertgoña!

O Partido Popular continúa a impor a súa maioría absoluta sen escoitar nin á comunidade educativa nin ás rúas da Galiza que berraron e berrarán novamente este 24 de outubro contra a LOMCE.

Esta mañá, o PP deu o primeiro paso no Congreso para a aprobación da contrarreforma educativa coa que pretenden facernos retornar ao modelo educativo do franquismo. Mais este 24 de outubro, xornada de folga en todo o ensino público galego, as mozas e mozos da Galiza tumbaremos o modelo educativo españolista, reaccionario e privatizador do PP. Desde Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG; chamamos á mocidade a acudir ás manifestacións que este 24 de outubro, ás 11.30horas, terán lugar nas cabeceiras de comarca da Galiza, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Mobilízate en defensa do ensino público e galego ao servizo de tod@s como un dos principais valores para vivirmos nunha Galiza con liberdade e con futuro para a mocidade.

Aquí tes as mobilizacións que terán lugar o 24 de outubro ás 11.30 horas.

Fica atent@ á nosa páxina para coñecer máis detalles.

 

–          Santiago de Compostela: Praza do Toral

–          A Coruña: Praza de Vigo

–          Ferrol: Praza de España

–          Lugo: Horta do Seminario

–          Ourense: Rúa do Concello (diante da Xefatura territorial de Educación)

–          Pontevedra: Praza da Peregrina

–          Vigo: Praza dos Cabalos

–          Burela: Praza da Mariña

–          Carballo: Praza do Concello

–          Cee: Praza 8 de Marzo

–          Lalín: Praza da Igrexa

–          O Barco: Praza do Concello

–          Ribeira: diante da estación de autobuses

–          Vilagarcía: Praza de Galiza

Ademais, desde Galiza Nova chamamos á mocidade a concentrarse nos seguintes puntos tamén ás 11.30horas

–          Celanova: diante do IES de Celanova

–          Ponteareas: Rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)

–          Ribadeo: diante do IES Ribadeo

–          Verín: diante do IES Xesús Taboada Chivite