“No verán aumenta a precariedade laboral da mocidade galega” artigo de Moraima Pérez

Moraima Pérez, militante de Galiza Nova e moza traballando en precario nos meses de verán

Si xa de por si, a situación de precariedade laboral que sufrimos as mozas e mozos e que se está vivindo en Europa é preocupante – pois estamos a falar dunhas tasas do 19,4% de paro- esta situación na Galiza, polo carácter de ser unha nación sen Estado é máis que alarmante.

As mozas e mozos menores de 25 anos enfrontámonos a cifras de paro superiores ao 35% sen contar ás máis de 65.000 mozas que tiveron que emigrar como consecuencia das ultimas crises, o panorama é xa desolador.

Qué dicir da xente que temos a “sorte” de atopar emprego? Auténticos contratos lixo por horas -no meu caso, de media xornada- que logo se transforman en xornadas de 10-12 horas ou as que cadren como está a pasar no sector da hostelería, en moitos casos sen seguridade social e nos que nos vemos obrigados a aceptar porque “é o que hai, tal e como está o mercado laboral, ou o tomas, ou o deixas”. Xóvenes traballando no sector da construcción cobrando salarios de 8 euros a hora e sen as mínimas condicións de seguridade, son só unha pequena mostra do tipo de traballo ao que nos enfrontamos hoxe en día, as que repito, temos a sorte de atopar un emprego.

“Dín que o maíor problema que temos as mozas e mozos é a nosa falta de preparación para desenvolver o traballo, cando supostamente hoxe en día atopámonos coa xeración mellor preparada da historia”

Moitos preguntámonos cal é o problema e a resposta que máis escoitamos é a nosa falta de preparación para desenvolver o traballo, cando supostamente hoxe en día atopámonos coa xeración mellor preparada da historia. Unha xeración de mozas e mozos que con moito esforzo dos nosos familiares fomos capaces de chegar a unha carreira ou a un ciclo formativo para poder ofrecer o mellor a este país para conseguir un futuro mellor. Pero o que nos estamos atopando é un futuro incerto e moi afastado das conquistas que conqueriron con tantos esforzos os que nos precederon.

Comitiva de Galiza Nova no 1º de Maio       Vigo 2017

Será que non estudamos o que o mercado demanda? Todavía resona nos nosos oídos aquelas campañas para estudar certas carreiras, poño o exemplo da informática. Prometían miles de postos de traballo nesa rama nun futuro. Vemos hoxe, como a mocidade que se licenciou nesa rama e consiguen atopar un emprego, están a gañar salarios mínimos traballando para empresas que reciben ingresos con cifras superiores aos dous díxitos.

Estos acontecementos non son casuais e pasan porque si. O único que pode conseguir o cambio é a unión e a forza. Temos o gran e recente exemplo das traballadoras e traballadores do 112 quen, coa sua unión, esforzo e solidariedade foron quen de conseguir unhas mellores condicións laborais.

“O único que pode conseguir o cambio é a unión e a forza”

Está ben a participación e axitación nas redes sociais, pero o cambio acádase con algo máis que un simple “gústame” ou unha sinatura en change.org.

O único camiño para conseguir un futuro mellor ao que agora nos prometen é a loita nas rúas e a movilización baixo as bandeiras do nacionalismo e nomeadamente coa CIG, con Galiza Nova e o BNG. Ningún cambio de fóra poderá mellorar esta situación, pois a dependencia colonial de Galiza así o acredita.

Nada temos que perder, só a esperanza é ese luxo que non nos podemos permitir.

Leave a Reply

Your email address will not be published.