PROGRAMACIÓN FESTIGAL 2017

Achégase de novo o Día da Patria, e como cada ano, unha nova edición do Festigal os vindeiros 24 e 25 de xullo. Nesta XVI edición contamos cun cartaz musical diverso e con decenas de actividades distribuídas nestes dous días:

24 DE XULLO

Dende as 22:00, comezarán os concertos no Campus Sur de Compostela. Comezaremos coa sesión DJ de BIGOTE MIX, precedido por SONDARÚA gañadores do concurso “Novos Valores Festigal 2017”. Seguirán OS AMIGOS DOS MÚSICOS e tras eles GUADI GALEGO. Contra o final da noite contaremos con dous grupos da escena rock galega, primeiro NAO e para pechar a noite do 24, RAIBA.

25 DE XULLO

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase ás 17:00 no Campus Sur de Compostela, cun espectáculo de regueifa, despois será tempo de VERO RILO DABOAPIPA-LAVANDEIRAS, seguido da peza teatral NABIZA GIRL, interpretada por Isabel Risco. Tras isto, contaremos con ÁUREAS e para pechar o festigal, as TANXUGUEIRAS, e todo o recinto estará animado pola A.C. OS CASTROS de Ames.

PAVILLÓN E CONSIGNA

Haberá espazo para acampada no pavilllón da USC do Campus Sur na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 3 euros, para o que cómpre inscribirse previamente en info@festi.gal. O pavillón estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo. No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixedes as vosas mochilas. O horario podedes velo premendo aquí ou na páxina www.festi.gal/acampada/.

COA TÚA COLABORACIÓN FAS O FESTIGAL POSÍBEL: ANÓTATE PARA BOTAR UNHA MAN NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL ou premendo AQUÍ.

Leave a Reply

Your email address will not be published.