PROGRAMACIÓN FESTIGAL 2019

Un ano máis achégase o Día da Patria, e como cada ano, unha nova edición do Festigal os vindeiros 24 e 25 de xullo. Nesta XVIII edición contamos cun cartaz musical diverso e con decenas de actividades distribuídas nestes dous días.

PROGRAMACIÓN

24 DE XULLO

Dende as 22:00, comezarán os concertos no Campus Sur de Compostela. Comezaremos cos gañadores do concurso “Novos Valores Festigal 2019”, De ninghures, un grupo de musical tradicional conformada por mozas e mozos de varios puntos do país. Continuaremos co grupo de mozas Brassica Rapa que interperta música galega fusionada con jazz e pop. O plato forte da noite serán os italianos Banda Bassoti, grupo referencial na música contestataria polas súas letras de carácter antifascista. Para pechar a noite, contaremos co rock dos lucenses Arrhythmia.

25 DE XULLO

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase ás 17:00 no Campus Sur de Compostela, onde contaremos coas Pandereteiras de Verducido, co grupo de funk en galego Dudecan e  con Güintervan, con influencias de folclore balcánico, irlandesa e italiana.

PAVILLÓN E CONSIGNA

Haberá espazo para acampada no pavilllón da USC do Campus Sur na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 4 euros, para o que cómpre inscribirse previamente en acampada@festi.gal. O pavillón estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo. No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixedes as vosas mochilas. O horario podedes velo na páxina www.festi.gal/acampada/.

COA TÚA COLABORACIÓN FAS O FESTIGAL POSÍBEL: ANÓTATE PARA BOTAR UNHA MAN NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL ou premendo AQUÍ.

Leave a Reply

Your email address will not be published.