PROGRAMACIÓN FESTIGAL

Cartaz Festigal 2016Galiza Nova xa está ultimando todos os preparativos para un masivo Día da Patria Galega. Como cada ano, o Festigal terá lugar o 24 e 25 de xullo, e xa chega á 15 edición, cargado con máis de 100 actividades en 2 días, con concertos, maxia, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir, espazo infantil, obradoiros, deporte, artesanía e asociacionismo, entre outras. Por suposto, todas elas gratuítas.

24 de xullo

Ás 17.30 no parque de Bonaval en Compostela realizaremos a Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao, e este ano contaremos co concerto de NAO e as intervencións de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, Lucía Veciño, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG.

Dende as 22:30, comezarán os concertos no Campus Sur de Compostela. Comezará a tocar ESPOSA, que gañaron o concurso “Novos Valores Festigal 2016″. Seguirán POETARRAS, e desde Euskal Herria KEPA JUNKERA & SORGINAK, teremos o rock and roll de BIRIBIRLOCKE e pecharemos o 24 co potente rock de ARRHYTHMIA.

25 de Xullo

O Café Concerto do 25 de xullo, iniciarase ás 17.30 no Campus Sur de Compostela, con sons da lusofonía da man de FALÚA, despois será tempo de ALDAOLADO, o espectáculo poético-musical de Lucía Aldao e María Lado. Dinamizará a festa o mago MARTÍN CAMIÑA, e dará paso a FRAN AMIL E A TRIBO INCOMPRENSÍBEL que presentarán o concerto de rock A voz do Vento que musica poemas de Manuel María. O 25 chegará ao seu final a ritmo taquicárdico con FANFARRIA TAQUIKARDIA; e todo o recinto estará animado pola CHARANGA OS CAMPANTES DA BAÑA.

PAVILLÓN E CONSIGNA

Haberá espazo para acampada no pavilllón da USC do Campus Sul na noite do 24 de xullo cun prezo simbólico de 3 euros, para o que cómpre inscribirse previamente en info@festi.gal ou premendo aquí. O pavillón estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo. No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixedes as vosas mochilas. O horario podedes velo premendo aquí ou na páxina www.festi.gal/acampada/

COA TÚA COLABORACIÓN FAS O FESTIGAL POSÍBEL: ANÓTATE PARA BOTAR UNHA MAN NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL