Protéxete da Unión Europea. Vota BNG!

IMG_20140521_174458Galiza Nova emprendeu a campaña “Protéxete da Unión Europea” para distribuír un díptico coas caricaturas de Mariano Rajoy e de Angela Merkel que, no seu interior, contén un preservativo para convidar a protexerse “coas políticas do BNG e facer o amor á galega”.

Deste xeito chamamos ao voto para o BNG das persoas que votan por vez primeira nestas eleccións europeas “porque é o voto que lle doe a Rajoy, a Merkel e a Troika”.

O díptico explica que a “Unión Europea é a ruína da mocidade galega” e ten a intencionalidade de animar a xuventude a rebelarse co seu apoio ao Bloque Nacionalista Galego nas eleccións do vindeiro domingo.

IMG_20140521_174439Con esta campaña “que ten unha grande aceptación”, en palabras de Alberte Mera, secretario xeral de Galiza Nova, “quérese chegar á xente moza que mesmo foxe dos estereotipos da política e facerlle ver que o feito de ir votar condiciona o futuro de temas que especial incidencia no ensino, no emprego, nas liberdades sociais e na vivenda, por
exemplo, que lle afectan directamente”.

É preciso que a xente que vota por vez primeira apoie o BNG para que Galiza poida decidir e conquistar un futuro mellor

 

“Deste xeito, son moitas mozas e mozos que se achegaron aos postos instalados, tanto en horario diúrno como nocturno, para interesarse pola iniciativa e coñecer de preto as propostas que trasladará o BNG ao Parlamento europeo despois do 25 de maio”, engadiu o secretario xeral de Galiza Nova.

Ademais, Alberte Mera realizou tamén un chamamento á xente máis nova que vota por vez primeira nestas eleccións europeas para que, “se verdadeiramente quere transformar a sociedade e unha maior xustiza social, se anime a dar o paso e apoiar o BNG que é quen defende os intereses de Galiza por riba de todo”.

“Foi o BNG quen trasladou as reivindicacións dos numerosos movementos sociais galegos a Bruxelas, sempre con vontade firme e inequívoca para resolver os problemas que esmagan o noso país”, explicou, “por iso é preciso incrementar o apoio coa xente moza que ten conciencia crítica e espertar o seu compromiso para traballar man a man por un futuro mellor e para que Galiza poida decidir”.IMG_20140521_173720