Proxección-coloquio: CCVV Cineclube Carlos Varela

Este mércores 18 de xullo a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo e o BNG de Vigo organizan no café de Catro a Catro unha proxección-coloquio, do “CCVV Cineclube Carlos Varela” que terá lugar ás 20:00h.

En dito acto, proxectarase un fragmento deste filme no que se recollen imaxes do primeiro Día da Patria Galega de 1968. Contaremos coa participación de Xesús Sanxoás, militante histórico do nacionalismo, e que en 1964 foi fundador da Asosiación Cultural O Galo. No ano 1966 encabezou o movemento estudantil e tivo un papel referencial nas primeiras mobilizacións do 25 de xullo; tamén contaremos con Maite Caramés, militante histórica do BNG; que participou nos primeiros días da patria.

Este 25 de xullo, conmemoramos os 50 anos do Día da Patria Galega, unha expresión de mobilización e loita do pobo galego. Anos de reivindicacións dos nosos dereitos nacionais, laborais, sociais, pola nosa lingua, pola nosa cultura. Dereitos que a aínda hoxe nos son negados por parte da Xunta de Galiza e do Estado español.

Neste acto, desde Galiza Nova e o BNG queremos destacar a importancia de seguir loitando, organizándose para confrontar co sistema que nos oprime como pobo e como nación, agora máis que nunca, xa que as nacións sen estado están sendo protagonistas nas reivindicacións dos seus dereitos en toda Europa; e é o momento de alzar a nosa voz