Proxección de Cinzas e coloquio en Vilaboa

Este sábado 18 de novembro ás 20h desde Galiza Nova organizamos na Casa de Montes de Santa Cristina, en Vilaboa, un acto sobre a situación actual do monte galego logo da catastrófica vaga de lumes do pasado mes de outubro, a peor dos últimos anos no noso país.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma a intervención nunha chave política e analítica de Alberte Blanco, ex-director xeral de montes da Xunta de Galiza.

#LumesNuncaMáis

Leave a Reply

Your email address will not be published.