Proxección do documental “Cinzas” e coloquio sobre os lumes en Compostela

Este xoves 19 de outubro dende Galiza Nova organizamos na Facultade de Historia en Santiago de Compostela un acto sobre a situación actual logo da catastrófica vaga de lumes da semana pasada, a peor dos últimos anos no noso país.

Pretendemos con este acto analizar as consecuencias dos incendios forestais no noso país, mais sobre todo as súas causas, pois consideramos necesario que non se repitan estas situacións na Galiza, para o que é necesario cambiar o modelo forestal actual e rematar coa eucaliptización do noso monte.

Para isto contaremos coa proxección do documental Cinzas, que será presentado pola súa directora Clara Bells, así coma coas intervencións nunha chave política e analítica respectivamente do noso Secretario Xeral Alberte Fernández e Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA.

#LumesNuncaMáis