Que emigre o PP! Rebelámonos co BNG polo traballo na terra!

maletas1Moz@s de Galiza Nova entregaron as maletas ao goberno do PP de Ponteareas para denunciar o desemprego e emigración á que España e a UE condena á mocidade galega.

Ponteareas conta con máis de 3 000 persoas no paro, das cales a metade son menores de 30 anos, e moitas son as que nos últimos anos tiveron que coller as maletas e marchar da comarca e do propio País en busca dun futuro que se lles nega na Galiza.

A Unión Europea e as políticas aplicadas desde Madrid arruinaron o noso País

A Unión Europea e as políticas aplicadas desde Madrid arruinaron o noso País, destruíndo postos laborais e reducíndoos a un escaso número. Ao mesmo tempo, este pouco traballo existente é en condicións cada vez de maior precariedade debido ás sucesivas reformas laborais aprobadas polo PPSOE.

IMG_20140519_183632O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, xunto coa candidata do BNG ás Eleccións Europeas, Alba Fidalgo, explicaron que o nacionalismo esixirá tamén en Bruxelas a derrogación das reformas laborais aplicadas polo , a prohibición das Empresas de Traballo Temporal e dos contratos precarios, a eliminación das horas extras e a redución da xornada laboral a 35 horas para avanzar nas condicións de vida dignas e aumentar o número de postos de traballo. Esixiremos así mesmo a derrogación do retraso da idade de xubilación promovida polos poderes económicos europeos e aplicada polo goberno español porque ademais de ser inxusto retarda o acceso ao traballo da mocidade.

Precisamos soberanía para Galiza ser quen de frear as políticas coas que a UE e Madrid destrúen o noso tecido económico e para desenvolver e pór a pleno rendemento as ricas capacidades que o noso País posúe para xerar postos de traballo na nosa terra.

Queremos traballo digno e na Terra!
Rebélate co teu voto! Vota BNG!

Leave a Reply

Your email address will not be published.