Que non che conten trolas. Tes dereito á folga!!

FOLGA_R (1)

Na lexislación educativa recoñécese o dereito á folga e non se pode sancionar nin prexudicar nas cualificacións ao estudantado por non ir a clase o día da folga (isto quere dicir que, se unha proba coincide co día da folga, temos dereito a que se nos volva realizar noutra data).

Como podo organizar a folga no meu centro?
Realiza unha asemblea informativa para estudantes sobre a folga, aproveitando un recreo ou algunha hora dispoñibel. Galiza Nova está á vosa disposición para acudir aos vosos centros e expoñervos na asemblea os motivos da convocatoria, de forma que todo o estudantado se informe.

O teu centro de estudos está obrigado por lei a respectar o dereito de reunión e debe garantir e estimular este dereito. Garantir o seu exercicio dentro do horario do centro supón necesariamen-te que as asembleas se poidan organizar antes de que finalicen as clases. Polo tanto, non aceptes que che concedan realizar a asemblea logo do horario lectivo.

Contacta con nós a través do correo nacional@galizanova.gal

O estudantado ten dereito a folga!

QUE NON CHE CONTEN TROLAS