Que é Galiza Nova

Galiza Nova formámola mozas e mozos coma ti, estudantes, traballadoras en precario, emigradas, desempregadas… que nos organizamos para loitar con toda a forza da xuventude por un futuro digno na nosa terra, e exercemos o activismo político e social en todas as frontes da batalla, para vencer a dominación e erguer a República da Galiza, é dicir, un País novo ao servizo das clases populares e da mocidade galega.

O nacionalismo galego non é simplemente unha organización política, é todo un movemento social que nace para auto-organizar ao pobo galego como primeiro chanzo do proceso de autodeterminación; é dicir, dotar ao pobo de forzas propias para se organizar e defender a nivel político, sindical, labrego, cultural, estudantil e, por suposto, xuvenil.

Asemblearismo e democracia!

Así, en 1988 nace Galiza Nova, converténdose na organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, ou o que é o mesmo: o movemento xuvenil da fronte de liberación nacional e social da Galiza. Somos unha organización ampla, plural e democrática que adopta as súas decisións tras un amplo proceso de debate aberto e asambleario. O noso funcionamento baséase no asamblearismo aberto e de base en agrupacións locais, comarcais e en Asemblea Nacional, na que toda a afiliación pode participar para, entre tod@s, decidilo todo: o futuro, a actividade, os posicionamentos que levemos a cabo…

O teu pobo precisa da túa participación, da túa opinión, da túa forza…

Únete a nós!
Ven loitar por Galiza!!