Queremos servizos públicos, gratuÍtos e de calidade na Costa da Morte! Mobilízate contra a eliminación do xulgado!

10494725_774022982638489_5256442565927226846_nDentro do desmantelamento dos servizos públicos que está a realizar o PP, desta volta quere quitarnos o Xulgado de Corcubión, polo tanto, os trámites que ata agora a veciñanza da Costa da Morte podiamos resolver na comarca teremos que costearnos desprazamentos até a Coruña e tempo para contar con servizos básicos.

Algunhas das medidas que o PP fará efectivas nesta reforma xudicial son as seguintes:
-Centralizará na Coruña toda a actividade dos Partidos Xudicias da provincia, o que significará a desaparición de servizos necesarios que actualmente temos en Corcubión

-Ademais o PP quere eliminar tamén os xulgados de Paz e Rexistros Civís de Carnota, Cee, Muxía, Fisterra, Dumbría, Vimianzo, Camariñas e Zas.

-Para calquera asunto administrativo e servizos xudiciais obrigaranos a desprazarnos até A Coruña, o que leva consigo máis custos económicos (seguimos sen autovía e cun pésimo servizo de autobuses).

 

984137_1450871328494833_5154911866487746686_n-Será máis caro e máis difícil acceder á Xustiza.

– Trámites que agora son gratuítos pasarán a ter un custo
económico engadido: nacementos, matrimonios, fes de vida ou certificados de defunción…A estes gastos hai que sumarlle o chamado “taxazo”, o pago de taxas por usar a Xustiza cando antes era gratuíta.

Esta lei vai supor a morte de Corcubión. O efecto dominó que pode supor para os servizos de Corcubión pode ser imparábel (avogadas/os, notarías, procuradoras/es..) e tamén suporá un impacto para a economía local, bares, restaurantes, alugueres, entidades bancarias, e todo tipo de postos de traballo que xiren na volta do ir e vir de persoas, e non só afectará a Corcubión, senón a toda a veciñanza de Carnota, Cee, Muxía, Fisterra, Dumbría, Vimianzo e Zas.

Desde a Asemblea Comarcal de Galiza Nova chamamos á mocidade da comarca a mobilizarse na concentración do próximo xoves 26 de Xuño ás 20:00h diante do Xulgado de Corcubión.