cartaz empregoCambiar as cousas está nas nosas mans. Podemos seguir o camiño que nos marcan ou sermos quen de decidir o noso propio futuro, rebelándonos, construíndo a Galiza nova na que a mocidade galega emigrada poida voltar á terra, e na que o traballo sexa digno e con dereitos. De nós depende rachar con esta realidade na que 5 de cada 10 persoas mozas da Galiza non teñen traballo, e as que o teñen perciben salarios que non lles garanten vivir dignamente.

Galiza é unha das zonas do mundo con maior riqueza natural e produtiva no rural e no mar, produtora de enerxía, con forza industrial, con grandes capacidades e unha poboación moza altamente formada e creativa.

E se Galiza é rica.. por que temos que emigrar?

Galiza é unha nación á que lle negan a soberanía, polo que está a ser empobrecida: España chucha a nosa terra e leva a riqueza que xeramos co noso traballo a outros territorios con maior nivel de vida, sen deixar aquí un céntimo. Acontece coa enerxía, Galiza é quen máis electricidade produce, pero as empresas españolas e transnacionais expórtana sen deixar beneficios aquí. Mentres, as galegas e galegos pagamos as tarifas máis altas e moitas de nós non podemos pagar o recibo da luz. Isto é o que acontece entre os imperios e as colonias, e nós estamos fartas de ser unha colonia, queremos independencia!

Precisamos por iso nacionalismo, unha acción revolucionaria para mudalo todo, para dotarnos de ferramentas para gobernar o noso territorio en favor do pobo e a mocidade galega e mellorar as condicións de vida.

Nas rúas e nas urnas: sempre en loita, sempre Galiza, sempre nacionalistas!

interior voceiroquen somos