Rebeca Cambeiro, nova Responsábel da Asemblea de Mulleres

Asemblea de Mulleres

Integrantes da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova tras a elección de Rebeca Cambeiro

Este sábado, día 17 de decembro, tivo lugar a Asemblea Nacional de Mulleres de Galiza Nova, na que segundo o acordado na nosa XIV Asemblea Nacional, se escolleu a nova responsábel e representante na Comisión Permanente, Rebeca Cambeiro. Así mesmo, constituíuse a Mesa Nacional, na que estarán Lucía Veciño, Iria Buide, Alba García e Miriam Queiruga.

Esta Asemblea é o máximo órgano de decisión en materia feminista, e encargarase de levar a cabo todas as tarefas, campañas, actos e formación neste eido na organización. Nesta nova etapa, marcáronse as liñas de traballo e obxectivos para achegar o ideario feminista a toda a militancia e á sociedade en xeral, sabendo que é unha loita prioritaria e necesariamente transversal.

A nova responsábel, Rebeca, declara que se sinte “moi agradecida pola confianza depositada polas compañeiras”, e asume a tarefa de construír de xeito colectivo un feminismo cun marco de actuación galego e popular, descentralizando o traballo e levándoo alén de cidades, a vilas e localidades.

Temos a obriga de levar a cuestión de xénero a todos os espazos e todos os días, pulando por construír o País xusto que precisamos, desde a rebeldía e a insubmisión, cunha Asemblea de Mulleres forte e unha militancia empoderada.

One Response

Leave a Reply

Your email address will not be published.