REBÉLATE CONTRA A HISPANIDADE. INDEPENDENCIA.

Este xoves 12 de outubro como galegos e galegas nós non temos nada que celebrar. É o día no que o rexime español celebra a matanza que cometeu durante a colonización de América hai 500 anos. Co paso do tempo o españolismo reivindica e emprega a violencia para manter o seu estatus de imperio, como puidemos ver ao longo do proceso do pobo catalán cara a súa independencia e con todas as armas que emprega contra o nacionalismo galego habitualmente.
Galiza Nova rexeitamos este réxime e este sistema que nos abafa ás mozas galegas coas nosas precarias condicións de vida. É por iso que queremos rachar con España e o sistema capitalista neoliberal para podermos ser donas do noso destino, e na data na que o españolismo se reivindica presentaremos a nosa nova campaña nacional pola independencia da Galiza, que contén as “50 medidas para liberar a mocidade galega” nun acto nacional na cidade de Compostela.
Falarán Xaquín Bermello, Responsábel de Ensino de Galiza Nova, Navia Rivas, Responsábel de Internacional e integrante da Permanente de Galiza Nova, Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento Galego e integrante da Dirección Nacional e Galiza Nova e Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.
Será na Praza 8 de Marzo en Compostela ás 12:00h (en caso de choiva no Matadoiro).

Rebélate contra a hispanidade!
Independencia!