#Rebélate contra a Lei Mordaza! Tod@s ás sedes do PP este xoves!

Chamamos á participar das concentracións silenciosas contra a Lei Mordaza convocadas pola Alianza Social Galega para este xoves 13 de novembro, diante das sedes do PP de cidades e vilas galegas.

A reforma da Lei de Seguridade Cidadá, coñecida xa como a Lei Mordaza, a debate nas Cortes do Estado Español, pretende a implantación dun Estado Policial e reprimir con dureza a contestación social, especialmente e como vimos nos últimos tempos, a mobilización da mocidade e o estudantado en pobos coma o galego, pois ben saben os poderes que a ruptura coa orde estabelecida e o sistema virá desde os pobos que nos atopamos orpimidos e empobrecidos.

Concentracións do día 13 diante das sedes do PP

– A Coruña: Ás 20:00 horas
– Burela: Ás 18:30 horas
– Ferrol: Ás 19:00 horas
– Lugo: Ás 20:00 horas
– Ourense: Ás 20:00 horas
– Pontevedra: Ás 19:30 horas
– Ribeira: Ás 19:30 horas
– Santiago: Ás 19:30 horas
– Vilagarcía: 20:00 horas
– Vigo: Ás 20:00 horas