Referéndum en Escocia

Vimos de coñecer a nova de que en Escocia se está a preparar un segundo referéndum pola independencia, polas declaracións de Nicola Sturgeon (Primeira Ministra de Escocia) nun prazo de tempo entre o outono de 2018 e a primavera de 2019. Este plan de convocatoria está agora en proceso de ser confirmado.

Desde Galiza Nova recibimos como boa noticia este anuncio dunha próxima convocatoria de referéndum pola independencia de Escocia, que se fixo  pública na mañá de onte en conferencia de prensa. Galiza Nova, no seu compromiso internacionalista, apoia esta convocatoria e o dereito a decidir do pobo escocés, que ve cada vez máis preto a súa independencia.

Sabemos que se está a empregar como pretexto a pertenza á Unión Europea para este referendo, porén, desde Galiza Nova saudamos con ledicia a súa convocatoria. Aínda que a plena soberanía dos pobos non pode ser acadada no marco da Unión Europea, na cal nin un estado propio e independente garante a capacidade de decisión, somos conscientes de que na estratexia do pobo escocés é necesario dar o paso da independencia do Reino Unido cara a súa soberanía nacional.

Desde Galiza Nova acompañamos e seguimos de preto o proceso independentista do pobo escocés, mais seguimos na loita para acadar unha República da Galiza, como estado independente e con plena soberanía.

Pola soberanía dos pobos!