Renovación de responsabilidades da Asemblea Comarcal de Monterrei

O Responsábel Comarcal, Brais Diéguez, terceiro pola esquerda

O pasado venres 28 de decembro, a Asemblea Comarcal de Monterrei, decidiu reelixir a Brais Diéguez como Responsabel Comarcal.

A Asemblea Comarcal incia este periodo coa inquedanza de traballar nas localidades da comarca para espallar a actividade de Galiza Nova na súa contorna. Diéguez asume a reelección con moita forza sabendo que a equipa formada na comarca posúe unhas grandes potencialidades e espera aumentar a militancia a través das diferentes campañas e actividades previstas nos vindeiros meses.

Leave a Reply

Your email address will not be published.