Publicamos as resolucións da primeira xuntanza da Dirección Nacional de Galiza Nova logo da nosa XV Asemblea Nacional. O pasado sábado 16, analizamos a nosa XVI Asemblea Nacional e o decorrer do proceso post-asemblear que se está a desenvolver na actualidade en todas as comarcas da nación.

O CONTEXTO POLÍTICO: REPRESIÓN POLICIAL, AUXE DA VIOLENCIA E ORZAMENTOS DO ESTADO

Durante esta xuntanza analizamos o contexto político nacional e internacional e como este afecta á mocidade galega. Constatamos como a violencia machista e LGBTfóbica sigue en auxe no noso país e no conxunto do Estado, coa complicidade do goberno español, un goberno que segue mantendo o seu carácter represor contra os movementos sociais impedindo a mobilización convocada pola CIG con motivo do “Foro La Toja”

Ademais, analizamos as medidas anunciadas polo goberno do PSOE-UP de cara aos orzamentos do estado para 2022 máis como propaganda electoral que como axudas ou preocupacións reais para coa situación da mocidade.

PLAN GALIZA NOVA

Un dos obxectivos principais da XVI Asemblea Nacional foi reafirmar na sociedade que Galiza Nova é a ferramenta útil para a mocidade galega. Neste sentido, aprobamos o “Plan Galiza Nova”, unha folla de ruta para o período que servirá para marcar o rumbo e actuar con axilidade ante os problemas e as situacións que vivimos cada día as mozas e mozos deste país.

O Plan Galiza Nova pretende ser a ferramenta necesaria para construír a Galiza que a mocidade merece e será presentado nas vindeiras semanas.

RESPONSABILIDADES NACIONAIS

A Dirección Nacional escolleu as seguintes responsabilidades nacionais, que se suman á Secretaría Xeral, xa elixida directamente pola XVI Asemblea Nacional, así coma as responsabilidades nacionais da Asemblea de Mulleres e Asemblea LGBT, que se suman a esta listaxe tamén:

  • Marta Gómez, Secretaría Xeral de Galiza Nova
  • Élia Lago, Responsabilidade de Lingua e Cultura
  • Alberte G. Nicolás, Responsabilidade de Organización e Finanzas
  • Nazaré Estévez, Responsabilidade de Comunicación e Publicacións
  • Iria González, Responsabilidade de Simpatizantes
  • Dani Castro, Responsabilidade de Política Institucional e Internacional
  • Mery Seijas, Responsabilidade de Comunicación e Publicacións
  • David Neira, Responsabilidade de Formación
  • Sara Gómez, Responsabilidade de Movementos Sociais
  • Erea Blanco, Responsabilidade da Asemblea de Mulleres
  • Claudia Quintela, Responsabilidade da Asemblea LGBT
  • André Vidal, Responsabilidade de Transporte e Mobilidade
  • Nerea Cazás, Responsabilidade de Ecoloxismo
  • Nuno Galán, Responsabilidade de Ensino

OUTRAS CUESTIÓNS TRATADAS NA XUNTANZA

Ademais das cuestións expostas, a Dirección Nacional aprobou un documento que analiza o modelo actual de ocio e cal debe ser a resposta de Galiza Nova ante el. Este documento será debatido en encontros abertos nas comarcas.

A Dirección Nacional tamén mostra o seu total apoio ao compañeiro Chema Naia, que se enfronta a penas de ata 4 anos de prisión por presuntamente agredir a varios antidisturbios cando foi el a vítima da violencia policial.

Leave a Reply

Your email address will not be published.