Vídeo: Rosalía de Castro, sempre na memoria e na acción!

Como cada ano, este 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, con motivo da data de nacemento da nosa escritora fundacional e un dos nosos maiores símbolos de afirmación nacional.

Compañeir@s de Galiza Nova elaboramos este microvídeo para colaborar coa campaña da Asociación de Escritoras e Escritores en lingua Galega. Queremos reivindicar a Rosalía nunha Galiza na que os seus versos vólvense, se cabe aínda, de maior vixencia debido ao aumento da dependencia da nosa nación, o empeoramento das condicións de vida da nosa mocidade (desemprego, emigración…), a marxinación da nosa lingua e cultura e a perda de dereitos das mulleres galegas.

Rosalía de Castro, sempre na memoria e na acción da mocidade nacionalista!