sábado 7 magosto en Pontedeume

magosto ferrolterraPoetarras actuarán este sábado 7 de novembro en Pontedeume no magosto nacional popular que Galiza Nova organiza nos xardíns da Casa da Cultura, a partir das 20:30h.

Animamos a toda a mocidade da comarca de Ferrolterra a participar nunha festa na que haberá festa, castañas, concerto de Airiños do Eume e que será presentado polo monologuista Brais Rey.

Galiza Nova que presentará a campaña “Racha coa dependencia.Traballo e liberarde para a mocidade galega” coa que desde a organización xuvenil do BNG estamos a traballar para denunciar a precariedade laboral, a emigración e a explotación, animando á xuventude a organizarse e loitar polos seus dereitos e os do conxunto do pobo traballador galego.