‘Sáhara, a loita incansable dun pobo’. Artigo de Luís Pérez Barral

saharaSeguro que moit@s de nós sabemos ben o que está pasando en Palestina, pobo que está sendo masacrado por Israel, coa conivencia e apoio de EE.UU e a Unión Europea mais, sabemos que está a pasar co pobo saharauí?

O pobo saharauí atópase dividido. Parte da poboación vive no Sáhara Occidental, o seu lexítimo país invadido e ocupado polo exército marroquí, mentres outra parte da poboación vive desterrada en campamentos de refuxiad@s no sur do deserto de Alxeria (na zona máis achegada ao Sáhara) a uns cantos quilómetros de Tindouf. Esa ampla zona do deserto está xestionada polo Frente Polisario, onde case 200.000 saharauís que intentan sobrevivir grazas á axuda internacional e dos países que recoñecen a República Árabe Saharauí Democrática.

Este pobo loitador, forte e valente non se rende, por iso, desde hai 40 anos levan reclamando a soberanía do seu pobo, reclaman para el@s o dereito a viviren na súa propia terra, no seu país e do seu traballo.

Este pobo loitador, forte e valente non se rende, por iso, desde hai 40 anos levan reclamando a soberanía do seu pobo, reclaman para el@s o dereito a viviren na súa propia terra, no seu país e do seu traballo. Este dereito é apoiado por moitas persoas en todo o mundo e en Galiza onde SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) leva traballando desde 1990 co fin de mellorar as condicións de vida d@s refuxiad@s e concienciando á xente para que vexa que no Sáhara tamén existe un pobo masacrado, desterrado e, moitas veces, esquecido.

Somos moit@s @s que axudamos na medida das nosas posibilidades a espallar a situación desa xente; desde traer nen@s no verán para que non teñan que soportar as elevadísimas temperaturas do deserto ou para que poidan ir @ médic@, pasando por achegas económicas ou coa recollida de alimentos, roupa e medicinas.

Denunciamos publicamente como a monarquía marroquí mantén o Sáhara Occidental colonizado e ocupado militarmente, reprimindo calquera tipo de protesta a favor d@s saharauís ou como levantou un muro de máis de 2.000 km’s para impedir que os e as refuxiadas volvan ao seu País.

Alén diso, denunciamos publicamente como a monarquía marroquí mantén o Sáhara Occidental colonizado e ocupado militarmente, reprimindo calquera tipo de protesta a favor d@s saharauís ou o que é o máis grave, como levantou un muro de máis de 2.000 km’s para impedir que os e as refuxiadas volvan ao seu País. Este muro, chamado da vergoña, está protexido con máis de 100.000 militares dispostos a impedir o paso de toda persoa que se achegue a el e, por se non fose pouco, está inzado de minas antipersoa!

Vemos máis unha vez outra semellanza co pobo palestino e, tristemente, como os organismos internacionais semellan ser inútiles para acadar unha solución pacífica a estes conflitos.

É de agradecer, xa que logo, calquera voz que se sume a espallar esta inxustiza. Tan só falando do tema, sendo altofalantes denunciadores das miserias e inxustizas e, concienciado, xa se estará axudando. Non menos importante é o traballo político como o que mostra o BNG, cando denuncia o acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos que usurpa os recursos pesqueiros do Sáhara.

Mais non todo é negativo, nese escenario cabe o lugar para o sorriso, a alegría, o amor e o afecto. Cando tiven oportunidade de coñecer o mundo dun campamento de refuxiados en 2012, puiden ver unha poboación sobrevivindo nun dos lugares máis inhóspitos do planeta pero cunha gran unión da xente e unha sociedade na que a muller ten un valor fundamental como piar da estrutura familiar e mesmo social.

As crianzas, malia apenas teren roupa para se vestir, contaxian a súa ledicia e son incribelmente, moito máis felices ca calquera crianza que viva no mal chamado primeiro mundo. Pregunteime como podería coller a felicidade nunha situación como aquela? Non tardei en me decatar.
Imaxinade un mundo no que todo o material non importe, pensade nunha sociedade allea a tódolos vicios capitalistas e consumistas actuais, unha organización social forte e cohesionada na que a xente sexa o importante e o resto sexa secundario. Un lugar onde o tempo non sexa contabilizado. Un tempo que non se atopa secuestrado pola esfera dun reloxo para espremerlle o seu “uso”, onde nunca se chega tarde nin cedo e onde é imposíbel “perder o tempo”. Pois ese mundo, pode darse en moitos lugares, mais asegúrovos que un deles é o Sáhara.

Da infinidade de cousas que aprendín nos meus días aló, gustaríame rematar destacando as dúas ideas mencionadas antes; a importancia de desvalorizarmos os obxectos materiais primando a solidariedade, e a fortaleza como pobo que, tras 40 anos de loita, non se rende na procura da liberdade e na conquista de dereitos. Estou seguro que disto temos moito por aprender.

Luís Pérez Barral

Membro da Comisión Permanente de Galiza Nova. Estudante e concelleiro do BNG en Ribeira.

Artigo de opinión publicado en Sermos Galiza