Saímos ás rúas contra a xustiza patriarcal

No mes de abril coñecemos a sentenza xudicial que condenou a 5 homes por abusos sexuais despois de violar atrozmente a unha moza durante as festas en Iruña. Unha sentenza que, aínda que contemplaba penas de prisión, rebaixábaas por considerar que non había violencia nos delitos que cometeran. Este foi só un exemplo máis de como se considera que as mulleres non somos donas das nosas decisións nin dos nosos corpos, mais co agravante de ser dito desde un tribunal.

Na tarde de hoxe vimos de ter coñecemento de que os violadores deixarán a prisión en réxime de liberdade provisional, feito que deixa aínda máis en evidencia a unha xustiza española profundamente patriarcal que persiste en reafirmarse nas súas actitudes machistas e misóxinas.

As mulleres temos dereito a vivir libremente, sen medo nin nas rúas nin nos tribunais. Cando nós dicimos “non” é non. Sen volta de folla. Sen atenuantes. Considerar que pode estar exenta de violencia unha relación sexual non consentida na que a vítima non mostra resistencia por estar paralizada polo medo, é un insulto cara a todas nós, implica negar as estruturas de poder existentes no patriarcado e que día tras día nos afogan. Nada xustifica unha agresión. As drogas de calquera tipo, a vestimenta, os ambientes festivos, as alteracións do estado de ánimo etc. non son atenuantes nin probas para escusar ao agresor.

Mais nós témolo claro. Combateremos sen tregua o machismo en tódalas súas formas, ata que as rúas volvan  ser nosas. Por iso chamamos a toda a mocidade galega a apoiar as mobilizacións que o movemento feminista está a convocar por todas as vilas e cidades do país.

AVANTE COA LOITA FEMINISTA!

FEMINISMO SEN TREGUA PARA LIBERAR GALIZA!

 

Convocatorias do feminismo galego:

  • Compostela: 21 de xuño ás 21:00h na Praza 8 de marzo.
  • A Coruña: 21 de xuño  ás 21:00h no Obelisco.
  • Pontevedra: 21 de xuño ás 20:30h diante da Audiencia Provincial.
  • Ourense: 21 de xuño ás 21:00h na Praza Maior.
  • Ferrol: 21 de xuño ás 21:00h nos Xulgados.
  • As Pontes: 21 de xuño ás 21:00h na Praza do Hospital

[ACTUALIZACIÓNS]:

  • Vigo: 22 de xuño ás 21:00h no Marco
  • Cangas: 22 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello
  • Monforte: 22 de xuño ás 20:30h na Praza de España
  • Lugo: 22 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello.
  • Noia: 22 de xuño ás 21:00h na Praza do Concello
  • Redondela: 22 de xuño ás 20:30h diante dos Xulgados
  • Burela: 22 de xuño ás 21:00h na diante do Concello
  • Cee: 22 de xuño ás 20:30 na Praza 8 de marzo.
  • Viveiro: 22 de xuño ás 20:00h na Praza da Fontenova
  • Ribeira: 22 de xuño ás 20:00h na Praza do Concello
  • Ponteareas: 22 de xuño ás 20:30h nos Xulgados.

Leave a Reply

Your email address will not be published.