No contexto actual de precariedade das condicións de vida da mocidade galega, no que temos que enfrontar unhas enormes taxas de desemprego e emigración xuvenís, o emprego precario e temporal e a precarización total do ensino público é necesario que Galiza teña outro rumbo, o rumbo da soberanía, da ruptura con España e a ditadura do capital, culpábeis directas da nosa situación.
Neste sentido Galiza Nova e o BNG organizamos a “Semana da Patria Galega 2017”. Unha xeira de máis de 60 actividades que a mocidade de Galiza Nova organiza por todo o país ao longo da semana próxima para popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza.
Durante a Semana da Patria teremos actos de temática moi diversa mais todos terán como eixo central a necesidade de soberanía. Teremos actos de todo tipo: palestras, debates, actos formativos, mosaicos, concertos… Estas actividades terán lugar na semana previa á 25 de xullo, Día da Patria Galega. Queremos que esta semana sirva para sumar máis mocidade na loita pola nosa plena soberanía nacional, da capacidade de decisión que nos permita construír unha nova Galiza na que a mocidade non sexa expulsada por milleiros á emigración, polo desemprego e a precariedade.
Consulta aquí todas as actividades programadas:
ACTIVIDADES PREVIAS
VIGO 14 xullo
- Acto: Galiza a nación que compartimos.
RIBEIRA 15 xullo
- Andaina nacionalista ao castro da cidade.
SALVATERRA DE MIÑO 15 xullo
- Acto polo recoñecemento internacional da nosa Patria.
VIGO 16 xullo
- Viaxe ás Cíes e despregue do bandeirón da Patria dende o faro.
LUNS 17
TUI
- Realización dun mural con motivo da Patria Galega.
MOAÑA
- Coloquio sobre precariedade laboral e necesidade de soberanía. Intervirán Xabier Perez Igrexas e André Abal na Casa da Mocidade ás 20:30.
LUGO
- Despregue do bandeirón da Patria na Muralla
RIBADAVIA
- Acto pola Patria. Ás 16:00.
CELANOVA
- Acto en reivindicación da Patria Galega. Ás 12:00
VIGO
- Palestra: 25 anos do ingreso na UE, 25 anos de ruína para o pobo galego. Librería Cartabón ás 21h.
Interveñen: Montse PradoManuel Mera
A CORUÑA
- Mosaico en reivindicación da Patria Galega no Monte de San Pedro
MARTES 18
BOIRO
- Coloquio “A loita das nacións sen estado pola súa soberanía” no Parque da Cachada ás 19:30. Intervén Bieito Lobeira.
REDONDELA
- Reparto de material patriótico con carpa xunto ao Concello.
LUGO
- Palestra: a vixencia do pensamento de Rosalía e Castelao no Centro Social Uxío Novoneyra ás 20:00 con Pilar García Negro
FERROLTERRA
- Despregue do bandeirón da Patria en Cedeira
POIO
- Faladoiro: Os ventres de alugueiro. Ás 20:30 na Escola do Campo en Combarro. Intervirán Olalla Rodil e María Bará
COMPOSTELA
- Mesa redonda sobre a soberanía dos pobos. Ás 20:00 no bar SCQ. Intervirá Montse Prado.
VIGO
- Somos galegas/os por obra e graza do idioma
MÉRCORES 19
RIBEIRA
- Despregue do bandeirón da Patria
VILABOA
- Coloquio feminista “As mozas galegas doblemente esquecidas”
PONTEAREAS
- Coloquio sobre a soberanía fronte ao capital.
TUI
- Coloquio “O ideario nacionalista” con Duarte Correa no Café Museum de Tui ás 20:30
COMPOSTELA
- Mosaico pola independencia. Ás 12:00 na Praza do Toural
VIGO
- Reparto de bandeiras da patria na Farola de Urzaiz.
XOVES 20
A POBRA DO CARAMIÑAL
- Coloquio sobre a loita sindical patriótica no bar Locus Amoenus ás 19:30. Interveñen Xan García e Delegados da CIG do sector da Estiba.
PONTEVEDRA
- Catalunya decide, cando Galiza?. A loita das nacións sen estado pola súa soberanía. Na Casa da Luz ás 20:30. Falarán Duarte Correa e Iria Figueroa.
TUI
- Mosaico pola Patria na Ponte Internacional de Tui.
COMPOSTELA
- Mozas galegas: unha dobre opresión. Ás 20:00 no Bar Medusa. Intervén Rebeca Cambeiro
LALÍN
- Mosaico pola patria.
ALLARIZ
- Despregue da Bandeira da Patria na Ponte Romana ás 20:30
- Coloquio “A loita das nacións sen estado pola súa soberanía ” no Roi Xordo ás 21:00. Intervirá Alberte Fernández
VENRES 21
VILAGARCÍA
- A loita das nacións sen estado pola súa soberanía. Ás 19:00 no Parque da Xunqueira en Vilagarcía de Arousa. Intervén Duarte Correa
PONTEAREAS
- Concerto de SonDaRúa pola Patria.
VIGO
- Proxección do documental “Lume novo” Bar o Batallón ás 20h. Intervén Alberte Mera, autor do documental.
TUI
- Concerto pola patria de SonDaRúa ás 18:30 na Praza do Pracer. Ao remate haberá Foliada.
A CORUÑA
- Homenaxe a Curros Enríquez
FERROL
- Coloquio “A historia do nacionalismo galego” ás 20:00 no Hospicio de Ferrol. Intervirán Iván Rivas e Francisco Rodríguez.
CANGAS
- Historia do Reino medieval de Galiza. Ás 20:30 na Casa da Cultura. Intervén Anselmo López Carreira.
VALDEORRAS
- Festa patriótica.
SÁBADO 22
VIGO
- Acto simbólico de rúa Mosaico pola autodeterminación nacional e breve intervención posterior. (Escaleiras do Marco 20:00)
NIGRÁN
- Acto político polo día da patria
LUGO
- Concerto pola patria con Ith no Bar O Furancho ás 00:00
OUTES
- Festa patriótica ás 17:00
PORTO DO SON
- Mesa redonda sobre a necesidade de soberanía en diferentes eidos. Ás 21:00 na Praza de Porto do Son
CHANTADA
- Concerto pola Patria de Maskarpone ás 21:00 na Praza do Cantón
FOZ
- Palestra: A soberanía enerxética da Galiza. Ás 12:30 nos Xardíns Conde de Fontao. Intervirán Olalla Rodil, deputada, e Manuel Requeixo, alcalde de Muras.
CARBALLO
- Palestra: a loita das nacións sen estado pola súa soberanía. Ás 20:00 no Bar o Patacón. Intervén Montse Prado, deputada.