BOLETÍN INTERNACIONAL nº6 [NOVEMBRO 2016]

Xa está dispoñíbel o sexto número do voceiro internacional que a nosa organización está a difundir, co obxectivo de dar a coñecer entre a mocidade doutros pobos do mundo as mobilizacións e loitas das mozas e mozos da Galiza.

Este novo número inclúe información sobre o protagonismo da xuventude galega na loita pola consecución da Soberanía Nacional, no apoio da mocidade á nosa Portavoz Nacional Ana Pontón e as mobiliacións na defensa dun ensino público galego.

Premendo aquí podes descargalo e, a continuación, podes velo no Calaméo: