Non á represión sindical!

2014 02 04 CartazCampanhaIndultoFolgaTransportePontevedra01.previewDende Galiza Nova queremos amosar todo o noso apoio, forza e solidariedade cos dous sindicalistas condenados a tres anos de prisión por integrar un piquete informativo durante a folga de transporte de mercadorías no 2008.

Os dous sindicalistas foron condenados por entender a xustiza que foron responsábeis dun delito “contra o dereito dos traballadores” cando o que debe prevalecer é o dereito a folga que eles reivindicaban no piquete xunto con outras 80 persoas. O xulgado de Vigo aplicoulles a pena máxima posíbel e a Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo, e en Decembro pasado o goberno negoulles a posibilidade de indulto, feito que só teñen reservado para banqueiros e corruptos.

Dende Galiza Nova chamamos á mocidade galega a participar coa CIG na manifestación convocada polas tres centrais sindicais para este domingo e que percorrerá as rúas de Vigo en apoio e solidariedade con estes dous traballadores. Mobilízate ás 11:30 desde a Praza dos Cabalos para esixir a anulación da sentenza dentro da campaña máis ampla, con recollida de sinaturas incluída.

Ánimo e forza, non van parar á loita obreira!