Afíliate a Galiza Nova!

A organización xuvenil do BNG
A organización xuvenil do BNG

Galiza Nova é a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que ten como función básica a organización e a mobilización da mocidade de cara a acadar a liberación nacional de Galiza e a transformación da sociedade actual.

Galiza Nova é unha organización ampla, plural e democrática que adopta as suas decisións tras un amplo proceso de debate aberto a toda a militáncia. O noso funcionamento basease no asemblearismo estruturandonos en agrupacións locais e comarcais. O máximo órgao é Asemblea Nacional que se celebra cada dous anos, e á que ten direito a asistir toda a afiliación.

A mocidade galega pola soberanía nacional!

Reivindicamos unha Galiza plenamente soberana como culminación do proceso de autodeterminación nacional. Aspiramos a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual, e onde a igualdade e a democrácia sexan reais. Queremos garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos galegos e galegas.

Defendemos que as relacións entre as diferetes nacións do mundo se fundamenten na igualdade e solidariedade internacionalista. Unha política anti-imperialista é a garantia dun futuro mellor para a humanidade. Por todo o dito é o momento de que todos e todas botemos unha man a esta importante tarefa.

Facemos un chamamento á mocidade galega a organizarse en Galiza Nova sendo conscientes que só o compromiso co País pode facer mudar as cousas e acadar o noso obxectivo de liberar Galiza.

[contact-form-7 404 "Non encontrado"]