Galiza Nova somos mozas e mozos coma ti. Somos as estudantes, as traballadoras en precario, as emigradas, as desempregadas, as oprimidas polo sistema… Organizámonos para loitar con toda a forza da xuventude por un futuro digno na nosa terra. As que exercemos o activismo político e social en todas as frontes da batalla, para vencer a dominación e erguer un País novo ao servizo das clases populares e da mocidade galega. Un País que denominaremos República da Galiza.
Afiliándote a Galiza Nova estás unindo a túa voz e a túa forza á de milleiras de galegas e galegos que loitamos cada día dende o BNG para construír, dende a base, unha Galiza ceibe e popular!
Afíliate a Galiza Nova