Unión Europea, ruína da mocidade galega. Rebélate co teu voto! Vota BNG

Bótalle un ollo e difunde o noso video de campaña!

As Eleccións Europeas do 25 de maio son decisivas porque temos a posibilidade de frear a ofensiva da Unión Europea contra a Galiza. A UE e a aplicación das súas políticas polo PPSOE supón a ruína do noso País (agro, pesca, industria…), a destrución dos postos de traballo, recortes nos servizos públicos e a implantación de reformas laborais que condenan á mocidade galega á precariedade, explotación e emigración. Todo para o beneficio da banca e dos especuladores!!

Fronte á dependencia económica e a ditadura do capital é preciso gañarmos o dereito a decidir de Galiza e defendérmonos a través da práctica rupturista que exerce o Bloque Nacionalista Galego!