#UnTempoNovo para o ensino público galego

Hoxe mantivemos unha intensa xornada na defensa do ensino público galego. Comezamos mantendo un econtro coa comunidade educativa, no que demos a coñecer as propostas do Bloque Nacionalista Galego para estas eleccións. A candidata do BNG, Ana Pontón, tras agradecer o esforzo do profesorado ante os continuos recortes do Goberno Feijóo,  explicou  que a partir do día 25 de setembro teremos a oportunidade de poñer fin ao malestar das  políticas  regresivas  en materia de educación do Partido Popular e apostou pola insubmisión ás reválidas e posta en marcha dunha lei galega para a educación.revalidas-compos

A continuación participamos coa Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que Galiza Nova forma parte, dunha concentración diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas da LOMCE e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público.

Ademáis, a Caravana da Mocidade Galega fixo parada no Campus Norte da Universidade de Santiago de Compostela, 14331090_1225697754151888_1122479222_nonde realizamos un reparto  para informar ás mozas e mozos das medidas do BNG para construír un ensino galego público e de calidade. Medidas como impedir a suba de taxas e prezos públicos universitarios e iniciar a súa redución progresiva para rematar co seu custo actual, apoiar e promover liñas de investigación centradas nas necesidades específicas de Galiza ou desenvolver unha política real e efectiva de bolsas ao estudo que permita e garanta o dereito á educación no ensino superior foron recibidas polo alumnado con gran interese pola necesidade da súa implantación.