Ven ao encontro de mocidade en Ribadeo

encontro ribadeoEste sábado 11 agardámosvos no Bar Cienfuegos en Ribadeo!

Celebraremos un encontro coa mocidade ás 20 horas no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Conversarán connosco Olalla Rodil, Martín Graña e Ana Ermida. Propoñamos entre todas e todos as mellores solucións para o noso pobo. Co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.