Veráns da Mariña Nova

A asemblea comarcal de Galiza Nova na Mariña convida a todos os militantes e simpatizantes de Galiza Nova, do BNG e do nacionalismo en xeral, ás primeiras xornadas “Veráns da Mariña Nova”, unha experiencia na que descubriremos a nosa propia comarca e tomaremos consciencia da beleza e da historia da Mariña.

Este ano decidiuse comezar o ciclo na cidade de Mondoñedo, importantísimo foco do galeguismo no Rexurdimento e na década dos anos 30. Polas súas rúas, a militancia e simpatizantes de Galiza Nova na Mariña achegarannos pequenas pinceladas da historia do galeguismo en Mondoñedo. Comezará o roteiro ás 11 da mañá na Alameda dos Remedios, visitaremos varios puntos do casco histórico e remataremos no Cemiterio Vello, aos pés do mausoleo de Pascual Veiga.

Tralo roteiro, dirixirémonos cara a Fervenza de Viloalle, onde faremos un xantar de confraternidade, onde o único requisito é traer comida ou bebida para compartir nunha área natural impresionante. De alí retornaremos ao casco histórico, onde ás 16:30 deberá presentarse na Oficina de Turismo a primeira quenda da visita ás Covas do Rei Cintolo. A segunda quenda deberá estar presente na Oficina de Turismo ás 18:00.

Finalmente, coa chegada de ámbolos dous grupos ó casco histórico, pecharemos as xornadas deste ano, cos desexos máis fortes de realizalos o próximo ano.

Lembrade que para confirmar asistencia ou solicitar máis información podedes chamar ao número 666 59 28 04 (Xosé Manuel) ou mandar un correo a gnamarinha@gmail.com

Leave a Reply

Your email address will not be published.