Volven a xuízo 5 membros de Galiza Nova por defenderen o ensino público galego!!

ponteareas2Galiza Nova chama a acudir este mércores ás 10:15h aos Xulgados de Ponteareas en apoio d@s moz@s denunciad@s, para amosar a solidariedade coas e cos cinco militantes acusad@s. A concentración será diante dos Xulgados, coincidindo co inicio da nova sesión deste xuízo que nace da denuncia do alcalde do PP de Mondariz contra estas mozas e mozos que cometeron o “gravísimo delito” de exercer a liberdade de expresión e defender o ensino público galego.

Os membros de Galiza Nova foron denunciados polo alcalde do PP en Mondariz, Julio Alén, por realizaren un mural en defensa do ensino público, e serán xulgados por “falta de deslucimento” segundo recolle a citación.

GALIZA NOVA NON LLES VAI DAR TREGUA E SEGUIRÁ MOBILIZANDO Á MOCIDADE GALEGA!

denunciados_Mondariz_muralA mocidade galega está a rebelarse contra o Partido Popular, mais este intenta sementar o medo entre a xuventude por medio de sancións administrativas, xudiciais, económicas e penais para que non nos mobilicemos. Pero Galiza Nova non lles vai dar tregua e seguirá mobilizando á mocidade galega e levando adiante accións de todo tipo na defensa do ensino público galego.

Queremos agradecer unha vez máis os apoios que estamos a recibir por parte das veciñas e veciños de Mondariz por defendermos o ensino público, así como as felicitacións polo mural, que mellorou a imaxe do muro.

Defender o ensino non é delito!