Segundo número do Boletín Internacional [Xaneiro de 2014]

portada_internacionalXa está dispoñíbel o segundo número do voceiro internacional que a nosa organización está a difundir, co obxectivo de dar a coñecer entre a mocidade doutros pobos do mundo as mobilizacións e loitas das mozas e mozos da Galiza.

Este novo número inclúe información sobre o posicionamento de Galiza Nova perante o réxime monárquico español, e o noso compromiso e loita pola República da Galiza, así como a necesidade de dotármonos de soberanía para pór Galiza a producir e crearmos traballo digno e con dereitos para a mocidade galega poder vivir na propia terra. Tamén difundimos o éxito das masivas manifestacións no ensino do pasado 24 de outubro e a convocatoria da nova xornada de folga estudantil para o 20 de febreiro. 

Leave a Reply

Your email address will not be published.