Xacobe García, Responsábel no Ribeiro

Ribeiro

A Asemblea Comarcal do Ribeiro escolleu Xacobe García como Responsábel Comarcal

A Asemblea Comarcal do Ribeiro tivo lugar o pasado mércores 21 de decembro, dentro do período posterior a XIV Asemblea Nacional celebrada o pasado 26 de novembro en Compostela. Nesta asemblea Xacobe García foi electo responsábel comarcal. Asemade, déronse novas altas na organización e trazáronse liñas de acción a curto e a medio prazo para potenciar a organización comarcal.

“Continuaremos traballando para que Galiza Nova sexa referencial na xuventude do Ribeiro e aumentando a base nacionalista” apuntaba o Responsábel Comarcal. Garcia aceptou a responsabilidade da comarca baixo o respaldo da súas compañeiras de organización para contiuar no traballo político dende a rúa.

Ademais,sinalou que temos moito que traballar coa mocidade da nosa comarca para reivindicar temas tan basicos como un mellor trasporte público ou unha mallor programación cultural en todolos concellos. vivimos nunha comarca moi rica en recursos pero perde poboación e debemos difundir as potencialidades do rural que o nacionalismo defende.

Por último, o recén elixido Responsábel Comarcal, fixo un chamamento a toda a mocidade da comarca para que se organice e traballe en Galiza Nova e no tecido asociativo comarcal para construír país.

Leave a Reply

Your email address will not be published.