Caderno Castelao

Neste mes de xaneiro cúmprense 130 anos do nacemento e 66 do pasamento de Alonso Daniel Rodríguez Castelao. Compañeiro de loita nacionalista, patriota bo e xeneroso, perdura na memoria e na acción da mocidade nacionalista, nas rúas, nas aulas, na Galiza enteira.

Para coñecermos máis sobre a obra, vida, acción e coherencia de Daniel Castelao, achegamos este caderno editado por Galiza Nova e cos textos do profesor Manuel Romeu para o teu desfrute e formación.

Podes lelo directamente no Calaméo ou ben descargalo premendo aquí.