XIX Xornadas de Historia de Galiza

Un ano máis, realizaremos as nosas Xornadas de Historia de Galiza. Terán lugar a última fin de semana de xaneiro (sábado 27 e domingo 28) na Coruña. Nesta XIX edición, a temática principal será a orixe da nosa nación na Historia Medieval e Antiga, mais tamén teremos roteiros sobre mulleres galeguistas, falaremos da cristianización de Galiza e debateremos sobre a construción nacional da Galiza.

PROGRAMA XIX XORNADAS HISTORIA DE GALIZA

 

27 e 28 de xaneiro, A Coruña

SÁBADO 27

11:00 Benvida e apertura das xornadas no Local do BNG da Coruña

11:30 Roteiro  sobre as mulleres galeguistas, guiado por María Xosé Bravo, presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Mercedes Queixas, escritora e secretaria da AELG.

14:00 Xantar

16:30 A Historia do Reino Suevo de Gallaecia, o primeiro de Europa. Intervirá Anselmo López Carreira, Historiador, especialista do Reino Medieval da Galiza

18:30 O roubo do Pazo de Meirás ao pobo galego. Intervirá Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e coordinadora da Executiva do BNG

21:30 Cea e festa patriótica en Cambre

Durmida no pavillón de Cambre

DOMINGO 28

11:30 Roteiro arredor do espolio colonial da cidade da Coruña. Guiado por Manuel Monge e Xosé Lois Martínez, activistas da memoria

13:30 Cristianización de Galiza a través da arqueoloxía. Intervirá Felipe Senén, historiador e arqueólogo

15:00 Xantar

16:30 Debate: A Historia como peza fundamental na construción nacional da Galiza. Modera Alberte Fernández, historiador e Secretario Xeral de Galiza Nova

*INSCRICIÓN NAS XORNADAS: 18 EUROS QUE CUBREN ALOXAMENTO, COMIDA, CEA E ALMORZO. HABERÁ MENÚ VEXETARIANO. ANÓTATE NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL

Leave a Reply

Your email address will not be published.