Xornadas sobre feminismo en San Sadurniño

Este sábado 7 de abril a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organiza en San Sadurniño unhas xornadas de debate sobre feminismo ás 17:00 na Casa da Xuventude.

As xornadas, que serán presentadas pola compañeira Beatriz Domínguez Vizoso, contarán cunha primeira palestra sobre a igualdade de xénero no concello de San Sadurniño, na que intervirá a concelleira de igualdade Ana Belén Gundín.

Analizarase tamén o ideal de amor románticoa venda de relacións estereotipadas e mitificadas que son  a base do comportamento machista nas relacións de parellas coa segunda palestra, impartida pola Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres, Rebeca Cambeiro.

Desde Galiza Nova achegamos este acto porque consideramos que debemos traballar todos dos días do ano para construír unha sociedade nova, onde academos unha igualdade real entre homes e mulleres coa destrución do patriarcado, unha Galiza Feminista.