Xoves 15, non perdas o concerto de Raiba no Avante!

cartaz-a3-1Non podes perder a grande festa que Galiza Nova ten organizada para a toda a mocidade consciente de que Galiza é unha nación e que precisa de soberanía para que a mocidade o pobo galego decidamos libremente o noso futuro.

Por iso, o  15 de setembro agardamos que veñas festexar e reivindicar ao concerto do grupo galego RAIBA, unha das bandas que mellor representa o rock alternativo galego e que conta cunha gran intención social nas súas letras. Será no Pub Avante (Compostela). 

Arrinca o inicio do novo curso e en Galiza Nova e no BNG estamos dispostas a dar a batalla por unha Galiza ceibe. Agardámoste o xoves 15 ás 23:00h para coller forza e entusiasmo con RAIBA no Avante. Esperámoste na festa de comezo do curso, da man de Galiza Nova e do BNG!

Leave a Reply

Your email address will not be published.