xoves: desmontamos en Compostela os canons de beleza

acto-novembro-2016-compos-redes-01Este xoves 17 de Novembro realizaremos en Compostela unha xornada aberta de coloquio baixo o lema “Desmontando o canon de beleza” e que contará coas intervencións de Mai Insua, psicóloga e terapeuta sexual, e de Claudia Quintela pola Asemblea Comarcal de Mulleres de Galiza Nova. Analizaremos e debateremos sobre os canos de beleza impostos como agresións contra os corpos das mulleres.

Agardámoste ás 20:30 horas, no Bar SCQ (Rúa das Orfas 2, Compostela).
Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!

Leave a Reply

Your email address will not be published.