“Xustiza para Jimmy” na Coruña

Este xoves 4 de Maio a Asemblea Comarcal de Galiza Nova da Coruña organiza un acto ante a impunidade da extrema dereita, reclamando xustiza para Jimmy, siareiro do Deportivo da Coruña asasinado por grupos fascistas en Madrid. Este terá lugar ás 20:30 no local do BNG da Coruña.

Neste acto proxectaráse o documental “Xornada pola memoria e Xustiza para Jimmy“, unha peza audiovisual sobre a homenaxe a Jimmy ao cumprirse un ano do seu asasinato. Despois haberá un coloquio con David Pena, avogado e Responsábel Local BNG, e persoas dos Riazor Blues e da Asociación Antifascista Jimmy Sempre con Nós.

Animádevos a vir ás 20:30 o 4 de maio! Pola verdade e a xustiza!