XX XORNADAS DE HISTORIA DE GALIZA

Un ano máis, Galiza Nova organiza as Xornadas de Historia de Galiza, tratándose xa da súa vixésima edición. Neste ano de conmemoración, as xornadas terán lugar na cidade de Lugo, cidade onde hai 100 anos tivo lugar a constitución da Asemblea Nacionalista de Lugo. Aproveitamos esta sinalada ocasión para facer un percorrido sobre a historia do nacionalismo galego, tanto no estudo teórico do nacionalismo como na súa concreción práctica, analizaremos o papel do nacionalismo no movemento feminista e teremos tempo de visitar a Casa-museo Manuel María, lembrando a este noso Militante de Honra.

Tras os documentos aprobados na nosa XV Asemblea Nacional, as xornadas contarán cunha nova metodoloxía. De esta maneira, as persoas inscritas ás xornadas, así como o conxunto da militancia de Galiza Nova, terán ao seu dispor un conxunto de textos formativos sobre os cales traballaremos durante o desenvolvemento das xornadas e que servirán de guía para as militantes referentes de Galiza Nova e do BNG que conducirán os debates.

 

PROGRAMA XX XORNADAS HISTORIA DE GALIZA

2 e 3 de febreiro, Lugo

SÁBADO 2

10:30 Presentación das xornadas a cargo de Olalla Rodil e Alexandre Espiño

11:00 Introdución: Definición dos conceptos básicos do nacionalismo guiado por Olalla Rodil, parlamentaria do BNG e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova.

BLOQUE TEÓRICO

12:00 O nacionalismo galego I: O pensamento político de Castelao, guiado por Manuel Rei Romeu, investigador da figura de Castelao e militante nacionalista .

13:30 Xantar  

15:00 O nacionalismo galego II: O nacionalismo galego a partir dos anos 60: Galiza como colonia e relación do nacionalismo coa esquerda, guiado por Rubén Cela, integrante da Executiva Nacional do BNG.

16:00 O nacionalismo galego III: O nacionalismo galego na actualidade, guiado por Montse Prado, parlamentaria do BNG e militante fundacional de Galiza Nova.

BLOQUE POLÍTICO-ORGANIZATIVO

17:30 A concreción organizativa do nacionalismo, guiado por Duarte Correa, analista de política internacional e historiador.

19:00 As organizacións xuvenís do nacionalismo, guiado por Rubén Arroxo, candidato á Alcaldía de Lugo polo BNG e militante histórico de Galiza Nova e Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.

20:00 O papel da organización xuvenil: Obxectivos e metodoloxía, guiado por Bieito Lobeira, Responsábel de Organización do BNG e militante fundador de Galiza Nova.

21:30 Festa patriótica.

 

 

DOMINGO 3   

10:30 Visita á Casa-museo Manuel María

12:00 Feminismo, cuestión nacional e de clase, guiada por Marga Corral, Secretaria das Mulleres da CIG e activista no movemento feminista galego.

BLOQUE PRÁCTICO

13:30 Como trasladar o discurso nacionalista á mocidade, guiada por Olalla Rodil, parlamentaria do BNG e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova.

15:00 Xantar  

16:00 Ferramentas básicas de traballo político, guiada por Claudia Quintela, Responsábel de Organización de Galiza Nova.

17:00 Clausura das Xornadas e conclusións

 

*INSCRICIÓN NAS XORNADAS: 17 EUROS QUE CUBREN ALOXAMENTO, COMIDA, CEA E ALMORZO. HABERÁ MENÚ VEXETARIANO/VEGANO. ANÓTATE NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL