XXIX Xornadas da mocidade galega

Os próximos días 22, e 23 de setembro, terán lugar na Comarca do Morrazo as XXIX 

Xornadas de Verán da Mocidade Galega. Dentro da campaña de celebración e conmemoración do noso 30 aniversario, desde Galiza Nova pretendemos achegar á mocidade unhas xornadas centradas nos nosos 30 anos de historia 

As Xornadas centraranse nas localidades de Moaña e Vilaboa. Participarán nela numerosos referentes do nacionalismo galego que pasaron por Galiza Nova e serán obxecto de análise e debate cuestións coma a historia da nosa organización, a creación e funcionamento da asemblea de mulleres, así como a loita polas condicións laborais dignas no noso país ou polo ensino público galego de calidade.

As comidas e a durmida están incluídas no programa das xornadas.Podes anotarte no nacional@galizanova.gal enviándonos o teu nome, apelidos, concello e teléfono de contacto.

Programación das xornadas:

SÁBADO 22

11:00 Benvida no local comarcal por parte do responsábel comarcal de Galiza Nova Paulo Rios (Kai) e de Leticia Santos, Alcaldesa de Moaña

Presentación das Xornadas por parte do secretario xeral Alberte Fernández e o responsábel comarcal de Galiza Nova Paulo Rios.

11:30 Mesa redonda: Galiza Nova ao longo dos seus 30 anos de historia

  • Lucía López, Responsábel de Organización de Galiza Nova 2009-2011
  • Bieito Lobeira, Secretario xeral de Galiza Nova 1992-1996 e secretario de organización do BNG.
  • Rubén Cela, Secretario Xeral de Galiza Nova 2000-2004 e membro da Executiva do BNG.
  • Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova

13:00 Mesa redonda: A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova

  • Begoña Ares, ex-Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres
  • Rebeca Cambeiro, actual Responsábel da Asemblea de Mulleres

14:00 Xantar

18:00 Palestra: Acción sindical nacionalista na defensa do emprego na Galiza

  • Paulo Carril, Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega

 22:00 Asistencia ao festival Canteira Fest no concello de Vilaboa

Durmida no pavillón do Toural (Vilaboa)

Domingo 23

10:00h Almorzo

11:30 As carpinterías de ribeira: As embarcacións tradicionais da Galiza

  • Palestra sobre a historia das nosas embarcacións tradicionais no asteleiro de Carlagho (Moaña)
  • Saída en embarcacións tradicionais pola ría

14:00 Xantar

16:00 Mesa redonda: A loita polo ensino público galego

  • María Traba, activista dos CAF e Comités, Responsábel comarcal dos Comités na Coruña
  • Alberte Calo, foi membro do Consello Nacional da Liga Estudantil Galega, actualmente forma parte da Dirección Nacional de Galiza Nova.
  • María Bará, integrante do Consello Nacional de Erguer e da Dirección Nacional de Galiza Nova
  • Claudia Quintela, foi integrante da Coordinadora Nacional dos Comités e do Consello Nacional de Erguer. Actualmente é a responsábel de organización de Galiza Nova.

17:30 Clausura das xornadas a cargo de Paulo Rios. Canto do himno nacional.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.