XXVIII Xornadas de Verán da Mocidade Galega

Os próximos días 15, 16 e 17 de setembro, terán lugar na Comarca de Vigo as XXVIII Xornadas de Verán da Mocidade Galega. Baixo o título de A loita obreira en Vigo, desde Galiza Nova pretendemos achegar á mocidade galega unhas xornadas centradas no ámbito laboral en xeral, e no vigués en particular. Mais ao mesmo tempo introduciranse outras cuestións do ámbito da cultura, como por exemplo, unha visión histórica da nosa música ou roteiros que fan converxer a nosa historia, cultura e loita obreira.

As Xornadas centraranse nas localidades de Vigo e Redondela,. Entre as actividades principais están a visita a un estaleiro, unha palestra sobre a Historia recente da música na Galiza con Xurxo Souto, unha charla sobre o movemento obreiro en Vigo, a visita á Illa de San Simón con Luís Bará e Elvira Blanco ou un roteiro polo casco histórico, arquitectónico e literario de Vigo acompañadas de Marta Dacosta, entre moitas outras cousas, como a festa e o convivio.

Animámoste a participar nestas Xornadas e coñecer a Comarca de Vigo dende un enfoque novo e transformador. Anótate no nacional@galizanova.gal enviándonos o teu nome, apelidos, concello e teléfono de contacto.

Programación das xornadas:

Venres 15

  • 17.45h Recibimento .
  • 18.00h  “O pasado e presente do sector naval galego”. Con traballadoras e traballadores deste sector.
  • 19.30h “A historia recente da música na Galiza“. Falará Xurxo Souto (cantante, acordeonista, locutor e escritor)
  • 22.00h Cea (Redondela) .
Sábado 16
  • 10:30h “A loita das mulleres galegas contra a precariedade”. Presentado por Sefi Romero.
  • 11:30h “As problemática laborais da mocidade galega”. Con Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova e Jessica García.
  • 14:30h Xantar popular.
  • 17.00h Roteiro pola cidade de Vigo ata o Parque Forestal de Beade.
  • 18.30h Competición de Xogos populares no Parque Forestal de Beade.
  • 22:00h Cea e festa con foliada en Redondela
Domingo  17
  • 11.00h Roteiro pola Illa de San Simón co investigador e escritor, Luis Bará, e a bióloga Elvira Blanco.
  • 14:00h Xantar en Redondela.
  • 16.30h Roteiro literario polo casco histórico de Vigo con Marta Dacosta, profesora e escritora.

*O XANTAR CORRERÁ A CARGO DE PERSOAS DA ORGANIZACIÓN. HABERÁ MENÚ VEXETARIANO E VEGANO